domingo, 17 de mayo de 2015

A Real Academia homenaxea a Filgueira no Museo de Pontevedra, «na súa casa»

O presidente, Xesús Alonso Montero, propón que nomeen o último edificio da intitución Xosé Filgueira


A Real Academia Galega celebrou hoxe o seu acto central con motivo do Día das Letras Galegas no Museo de Pontevedra. «Non podía ser doutro xeito», dixo Xesús Alonso Montero, presidente da Acadamia. «A Academia non tiña opción. Había que homenaxealo no Museo", dixo no arranque da sesión, no que glosaron a figura de Xosé Filgueira Valverde os académicos Víctor Freixanes, Díaz Fierros e Barreiro Fernández.