O vindeiro 20 de Xuño as 21:30 O artista Melendi protagonizará o que vai
ser o seu terceiro concerto no Coliseum de Coruña, o cal abrirá as súas portas
as 19:30 horas, duas horas antes de que comece o concerto como é habitual,
ademáis as entradas serán dun prezo que oscilará entre os 25 e os 28 euros con
venta anticipada.
Este evento preséntase como nas anteriores ocasións; con grandes expectativas,
xa que nas anteriores actuacións do artista houbo un cheo absoluto e as
entradas agotaronse.
O cantante presenta na cidade, tras máis dunha década de éxitos o seu novo
traballo
“Un alumno más” con un total de 10 temas definidos como: Melendi en estado
puro, e o que o cantante califica como o mellor álbum e o máis importante da
súa carreira.
Desde o seu primeiro traballo no ano 2.003 publicou en total 7 discos e vendiu
máis de dous millóns de copias, neste tempo o seu traballo foi premiado e
galardonado con diversos recoñecementos: Premio Ondas, Un premio da Música e
varios premios 40.
A información sobre os detalles deste concerto foi achegada por Ana
Fernández, actual dirixente da área de Cultura, este acto estará enmarcado
dentro do programa de festas de San Xoán 2.015.