ARDE LUCUS
Como xa sabedes, estamos a piques de comezar o mes de Xuño. Un mes que acarrea, para algúns, o bo tempo e a romería. Cada vez queda menos para o evento máis importante da provincia de Lugo,o Arde Lucus.
Os días 19, 20 e 21 de Xuño de 2015, un fenómeno máxico apoderarase de novo de cada recuncho da cidade, transformándoa por completo, enchéndoa de personaxes ancestrais que xa non deberían camiñar entre nós. Velaí está a maxia do Arde Lucus, en retroceder no tempo para gozar do noso legado cultural e histórico en primeira persoa. Mergúllate connosco na vida de Lucus Augusti, destacada urbe e unha das capitais administrativas da Gallaecia romana, e percorre o seu recinto amurallado, onde gozarás dun pasado máis vivo ca nunca.
Programación de espectáculos e actos.
http://www.ardelucus.com/documentos/LugoCultural15-DipticoV4.pdf
Últimas novas.
http://www.ardelucus.com/press.php
