martes, 26 de mayo de 2015

Concerto de Melendi



O vindeiro 20 de Xuño as 21:30 O artista Melendi protagonizará o que vai ser o seu terceiro concerto no Coliseum de Coruña, o cal abrirá as súas portas as 19:30 horas, duas horas antes de que comece o concerto como é habitual, ademáis as entradas serán dun prezo que oscilará entre os 25 e os 28 euros con venta anticipada.

Este evento preséntase como nas anteriores ocasións; con grandes expectativas, xa que nas anteriores actuacións do artista houbo un cheo absoluto e as entradas agotaronse.

O cantante presenta na cidade, tras máis dunha década de éxitos o seu novo traballo
“Un alumno más” con un total de 10 temas definidos como: Melendi en estado puro, e o que o cantante califica como o mellor álbum e o máis importante da súa carreira.

Desde o seu primeiro traballo no ano 2.003 publicou en total 7 discos e vendiu máis de dous millóns de copias, neste tempo o seu traballo foi premiado e galardonado con diversos recoñecementos: Premio Ondas, Un premio da Música e varios premios 40.

A información sobre os detalles deste concerto foi achegada por Ana Fernández, actual dirixente da área de Cultura, este acto estará enmarcado dentro do programa de festas de San Xoán 2.015.