viernes, 29 de mayo de 2015

Móvete'15. Campaña de verán do Servizo de Turismo Xuvenil

A campaña Móvete'15 do CMIX xa está lista para este verán.



Descarga Programación




As actividades que ofrece son:

- A XII edición do concurso de fotografía de viaxes "Viaxarte'15". Destinado para mozos/as de 15 a 30 anos. O prazo de presentación das fotos é do 1 de xullo ao 2 de setembro ás 13:00.

- Exposición "Viaxarte. Do 1 ao 17 de outubro no Fórum Metropolitano.

- Taller de técnica fotográfica: Ben se es principiante ou para mellorar a túa técnica na toma de fotos. Será os días 8 e 9 de xullo de 17:00 a 19:30 no Fórum. Abarcará un rango de idade de entre 12 e 30 anos. Poderás inscribirte do día 20 de xuño ao 3 de xullo na páxina www.coruna.es/cmix

- Taller de fotografía para dispositivos móbiles: Para aprender as claves destes dispositivos fotográficos e a súa aplicación nas redes sociais. O día 22 de xullo de 17:00 a 18:30 no Fórum tamén. A inscripción estará aberta do día 3 ao 17 de xullo na páxina www.coruna.es/cmix.

- Encontro co aventurero, fotógrafo e activista medioambiental Carlos Carlaglia que realizou varias expedicións aos polos que terá lugar o día 15 de xullo ás 17:30 no Fórum Metropolitano. A entrada será gratuíta aínda que con aforo limitado.

Tamén haberá un sorteo grazas á colaboración de "Renfe Viajeros" de dous billetes de interrail. Poderás apuntarte do 28 de maio ao 25 de xuño. O sorteo terá lugar o día 26 de xuño ás 12:00 no CMIX. O sorteo estará destinado para persoas de entre 15 e 35 anos.

Un saúdo!