martes, 19 de mayo de 2015

Intercambio Xuvenil en Londres

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado como socia do proxecto "European Youth Future", convoca 4 prazas para participar nun intercambio xuvenil en Londres.
O proxecto terá lugar na cidade de Londres (Reino Unido), no que 45 mozos e mozas de 7 países da Unión Europea terán a oportunidade de participar activamente nun intercambio xuvenil, no que se levarán a cabo diferentes actividades como: debates, xogos de rol, obradoiros e visitas a diferentes asociacións e organizacións xuvenís da cidade. Os mozos e mozas que estean motivados a participar nun intercambio interactivo, que estean interesados en postos de traballo no campo das artes e que queiran contribuír a dar forma á sociedade, serán os beneficiados desta acción.


  • CANDO:
    Dende o 24/06/2015 ata o 30/06/2015
  • INSCRICIÓNS:
    Do 18 De Maio o 22 De Maio, ambos incluídos
  • PREZO:
    100 euros (serán pagados á organización de acollida no momento do inicio do intercambio). Os participantes comprarán os billetes de traslado (ida e volta) desde o seu domicilio ata o lugar de aloxamento do intercambio en Londres pola súa propia conta, e seralles devolto o custo ata un máximo de 170 euros,.
    Cobertura do intercambio:
    - Aloxamento en réxime de pensión completa en cuarto de uso múltiple.
    - Trasporte local no ámbito do intercambio.
    - Actividades organizadas pola entidade de acollida.
  • REQUISITOS:
    • Destinatarios: mozos e mozas residentes en Galicia entre 18 e 30 anos con coñecementos de danza, fotografía, música e/ou maquillaxe.
    • Inscrición: Realizarase mediante o envío do formulario electrónico dispoñible en xuventude.net  Soamente se admitirá una solicitude por participante.
  • PÁXINA WEB:
  • CONTACTO:
    Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
    xuventude@xunta.es  
    Tel. 981 544 645 e 981 544 869
    www.xuventude.net