miércoles, 20 de mayo de 2015

NOTICIAS


Ola bos días! Hoxe despertábamos con unha moi boa noticia: O filósofo sevillano Emilio Lledó acaba de ser galardonado co premio "Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades". Xa non é o primerio premio que leva, no ano 2014 recibiu o premio Nacional das Letras fai exactamente 6 meses.


O sevillano acumula unha nova distinción, a cuarta que recibe nos últimos meses (tamén obtuvo o premio Antonio de Sancha pola sua defensa da lectura e o Premio Internacional do Ensayo Pedro Henríquez Ureña en México)

Lledó, que foi profesor de Historia da Filosofía nas universidades de La Laguna, Barcelona e na UNED, é o autor dalguns textos esenciais do pensamento cotemporáneo.
O último libro que publicou foi Palabra e Humanidad, que recopila artículos centrados na disección da lingua como aglutinante da comunicación social.
O filósofo traballa na actualidade nun ensayo sobre os afectos no que di: "Gustaríame poder aportar algo novo aínda que sexa moi pequeno. Os afectos non teñen ningunha gramática como a Filoloxía, pero iso lle da forza e liberdade.
Un dato curioso sobre esta noticia é que Emilio Lledó impúxose finalmente entre as 28, de 15 candidaturas presentada este ano o galardón, dotado con 50.000€ e unha escultura de Joan Miró.
Non o tiña nada fácil xa que entre os candidatos podíamonos encontrar co fotógrafo James Nachtwey, a periodista Cristiane Amampour, Wikipedia, a revista satírica <Charlie Hebdo>, o director de cine Zang Yimou, Les Luthiers, Aaron Sorkin, o historiador Felipe Fernández Armesto e por último o historiador Miguel León-Portilla que chegou as últimas votacións.


Antes de rematar gustaríame deixarvos unha reflexión sobre un tema que nos deixou impactados este Luns 18 e que na seguinte entrada que non tardaremos moito en facela poderedes comentar e descubrir o que ocorreu:

Que creedes que pensa o goberno Turco o respecto? 
Debemos tomar nota e non deixar que esta xente entre na UE?
Creedes que a súa cultura está a anos luz de distancia da nosa cultura?
Isto é un suma e sigue o de sempre cos de sempre?

Eu deixovos unha frase para que reflexionedes e que na seguinte entrada TODOS poidades opinar, MOITAS GRAZAS! 
Nunca acabaredes con nós, porque nós temos a liberdade que é o maior valor que poseemos os humanos e que fai que existan os demáis valores.